A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu aos actos organizados por esta entidade con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas

A Xunta colabora con Faxpg no acceso a servizos e na inclusión plena das persoas xordas

O Goberno galego colabora con esta entidade con máis dun millón de euros para promover iniciativas de acción e visibilización da realidade das persoas xordas

Pontevedra, 30 de setembro de 2023 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta mañá aos actos organizados pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) en Pontevedra con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas, que se celebrou o pasado sábado 23. A Xunta colabora con esta entidade no acceso a servizos e na inclusión plena en todos os ámbitos da sociedade das persoas xordas.

A directora xeral destacou durante a súa intervención que, gracias ao apoio do tecido social, a realidade das persoas xordas ten mudado moito durante os últimos anos. Por este motivo, apuntou que FAXPG sempre atopará ao seu carón o apoio da Xunta de Galicia a través de liñas de axudas, convenios de colaboración e iniciativas de visibilización.

O Goberno galego apoia as entidades de atención á discapacidade a través da orde de axudas con cargo á casilla social do 0,7% do IRPF, da actualización salarial dos seus profesionais e na mellora dos seus servizos a través dunha orde específica para a adquisición de vehículos adaptados. Neste ano 2023, destina a esta entidade máis dun millón de euros en axudas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/09/2023