A Xunta iniciará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas ao paso polos concellos de Outes, de Cortegada e de Moaña

Comezarán as tarefas na AC-554, en Outes; na OU-402, en Cortegada; e na PO-551, no municipio de Moaña

En paralelo, proseguirán os labores de roza e limpeza que se veñen realizando nas últimas semanas nas marxes doutras estradas da Xunta nas catro provincias

Estas intervencións enmárcanse no novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos
 

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2023

 A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de limpeza na estrada AC-554, en Outes; na OU-402, en Cortegada; e na PO-551, no concello de Moaña.
 
En paralelo, proseguirán tamén os traballos de roza e limpeza que se veñen realizando nas últimas semanas nas marxes doutras estradas autonómicas nas catro provincias.

Na provincia da Coruña proseguirán os traballos en execución nas marxes da autovía autonómica AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño

En Ourense, continuarán os traballos iniciados na OU-101, ao seu paso polo municipio.

Na provincia de Lugo proseguirán as intervencións na vía de altas prestacións que comunica San Cibrao (LU-862) e Celeiro (LU-862).

En Pontevedra, avanzarán as intervencións nas marxes da AG-46, que une Moaña e Cangas; e nas vías de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu, e na que une Carril e Baión (VG-4.7.).

Ademais destes traballos de limpeza nas marxes, a vindeira semana tamén continuarán as tarefas de axardinamento na glorieta da estrada PO-530, en Vilanova de Arousa.

Seguridade viaria e control de biomasa

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2023