Máis de 9.000 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nos procesos selectivos para 208 prazas de estabilización

Estes procesos derivan da Lei 20/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e realizaranse a través do sistema de concurso-oposición

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Máis de 9.000 persoas están chamadas a participar nos procesos selectivos que se celebrarán esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Silleda para acceder a 208 prazas de estabilización.

Estes procesos derivan da Lei/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e realizaranse a través do sistema de concurso-oposición.

As probas comezarán mañá sábado, ás 9,00h para cubrir 5 prazas de educador social (A2) ás que están convocados 456 aspirantes, e 54 prazas de limpeza e cociña (agrupación profesional) para as que están convocadas 2.994 persoas.

A partir das 16,00h será a quenda dos 548 aspirantes convocados para 14 prazas de auxiliar de cociña (C2), e dos 1.376 aspirantes que participarán no proceso selectivo para 26 prazas de educador infantil (A2).

A continuación, o domingo 1 de outubro, examinaranse 825 persoas para 22 prazas de PSX (C2) e outras 3.012 para 87 prazas de educación infantil (C1).

 

Data de actualización: 29/09/2023