A Xunta louva as iniciativas universitarias que introducen a perspectiva de xénero na docencia para reforzar as mensaxes de tolerancia entre o alumnado
2023-09-27
/documents/35297/43426/20230927+SXIPremiosUSC.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe na entrega dos XIV Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, convocados pola Universidade de Santiago de Compostela. No acto puxo en valor o traballo que as entidades académicas realizan a favor da creación dunha auténtica cultura da igualdade, mediante a introdución da perspectiva de xénero na actividade universitaria.
Sandra Vázquez destacou como un gran avance a experiencia educativa innovadora que promove esta convocatoria e a súa relevancia para facer chegar ao alumnado, desde idades temperás, mensaxes de tolerancia e respecto.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 27/09/2023