A delegada da Xunta supervisa o simulacro xeral de accidente aéreo no aeroporto de Vigo

Ana Ortiz presenciou desde o centro de coordinación de Peinador o traballo dos equipos de emerxencia e as forzas de seguridade

Vigo, 27 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores no simulacro xeral de accidente aéreo no Aeroporto de Vigo co obxectivo de avaliar os procedementos de actuación e coordinación para analizar a súa eficacia e comprobar o grao de coñecemento e integración dos diferentes colectivos implicados na atención dunha emerxencia aeroportuaria.

 

A representante autonómica supervisou o traballo que se levou a cabo desde o centro de coordinación de Aena para o despliegue dos equipos de emerxencia e as forzas de seguridade. Tras o aviso da saída de pista dunha aeronave que aterraba en Peinador, o Centro Integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia declarou a activación do Nivel 2 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), así como o Plan de Atención a Víctimas e Familiares.

 

No simulacro celebrado hoxe analizáronse os tempos de reacción e resposta de todos os colectivos implicados. O seu labor fundamental é garantir, por unha banda, a protección das vidas humanas e os bens que puidesen verse afectados por un incidente dese tipo e, por outro, a continuidade ou restablecemento da operatividade aeroportuaria.  

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2023