A Casa de Galicia acolle a exposición “El arte como herramienta transformadora” da Fundación Balms para a Infancia

Madrid, 27 de setembro de 2023

Trátase dunha iniciativa desenrolada pola Fundación Balms para a Infancia, a Fundación Solidaridad, o Centro Integral para o Desenvolvemento Local (CIDEL) e a Fundación Granitos de Paz, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

 

Esta proposta nace co obxectivo de pór en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas sociais transformadora. Desde a Fundación Balms para a Infancia levan dúas décadas traballando polos dereitos da infancia máis desfavorecida, explicou Antonio Heredero, Presidente da Fundación Balms.

 

Entre outras estratexias fano a través da arte, achegando as disciplinas artísticas a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade que debido ás súas condicións socioeconómicas non teñen acceso a este tipo de educación alternativa. Coa creación e desenvolvemento das escolas de arte e tempo libre de Cidade Bolívar, Bogotá e Barrio Olaya, Cartaxena de Indias en Colombia así como a de Santiago dos Cabaleiros en República Dominicana pretenden xerar unha cultura artística local á vez que se dota dunha formación alternativa aos nenos e nenas destas comunidades que termine influíndo en toda a poboación, explicou Mª Paz Galera, membro do Patronato Fundación Balms.

 

Unha representación dos alumnos, alumnas e profesores das escolas de arte de Colombia e República Dominicana participarán a próxima semana xunto a nenos e nenas de escolas de arte da cidade de Vigo en múltiples actividades de fomento da educación artística, onde aprenderán distintos formatos para expresarse a través da arte e compartirán con artistas consagrados de que forma esta disciplina artística ha contribuído ao desenvolvemento do individuo e a comunidade na que se integran. Ademais, enténdese esta semana cultural como un espazo para o encontro multicultural, para compartir experiencias, identidades e formas de entender a arte. O alumnado visitante compartirá con mozos doutras escolas de arte galegas as súas inquietudes, os seus traballos e a súa visión da arte como motor de desenvolvemento, dixo Jorge Martín, membro do Patronato Fundación Balms.

 

A exposición poderá visitarse na sala Camilo José Cela, da Casa de Galicia en Madrid até o próximo 7 de outubro, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2023