Galicia acolle a visita de tres compañías de cruceiros estadounidenses interesadas en recalar nos portos galegos

Durante tres días visitaron as instalacións portuarias de Vigo, A Coruña e Ferrol acompañadas por técnicos da Oficina de Turespaña de Miami e de Turismo de Galicia

O turismo de cruceiros acadou no que levamos de ano un máximo histórico, con máis de 321.000 pasaxeiros, o 98 % deles chegaron aos Portos de Vigo e A Coruña

Ferrol, 27 de setembro de 2023

Co obxectivo de dar a coñecer as infraestruturas dos portos galegos de Vigo, A Coruña e Ferrol como destino do turismo de cruceiros, así como mostrar os recursos turísticos de interese para este segmento de viaxeiros, que está acadando cada vez máis importancia na nosa comunidade, estes días visitaron as instalación portuarias tres executivos das compañías Windstar Cruises, Aboard the World e Azamara, con sede en Miami, no marco dunha viaxe de familiarización promovida pola Oficina de Turespaña en Miami en colaboración coa Xunta de Galicia.

Os executivos chegaron a Galicia o luns e rematan a súa estadía hoxe mércores, despois de ter visitado as instalacións portuarias do Porto de Vigo acompañados por responsables, de Coruña e de Ferrol así mesmo realizar visitas a diferentes recursos turísticos destas cidades  e de Santiago de Compostela.

Turismo de cruceiros en auxe

Cómpre destacar que ata xullo deste ano a cifra de pasaxeiros de cruceiros chegou ata os 246 mil no conxunto da comunidade, un 51 % máis que o ano pasado e unha cifra nunca antes acadada

Os portos de A Coruña e Vigo os que absorben a práctica totalidade do tráfico de cruceiros da comunidade, cun 61,5 % do total para o primeiro e un 36,3% para este último, mentres que o peso dos cruceiristas que chegan a Galicia representa o 4% do conxunto nacional.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2023