A delegada da Xunta recibe á alumna viguesa que recibiu o Premio Extraordinario de Bacharelato do curso 2022/23

Vigo, 26 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este martes á alumna do IES O Castro María González Batán, que foi galardoada recentemente co Premio Extraordinario de Bacharelato da Xunta de Galicia correspondente ao curso 2022/23. A estudante estivo acompañada durante a súa visita á Delegación Territorial polos seus pais e pola directora e un profesor do IES Castro.    

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2023