A delegada da Xunta en Ferrol destaca o traballo da Xunta local da AECC na inauguración da mostra ‘A investigación do cancro. Un desafío milenario’

Ferrol, 25 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá na Sala Curuxeiras á inauguración da exposición A investigación do cancro. Un desafío milenario, que organiza a xunta local da Asociación Española Contra o Cáncro (AECC).

Trátase dun percorrido pola historia para coñecer a evolución da investigación desta enfermidade, tanto na súa precisión como na supervivencia, tal e como avanzou a investigadora principal do grupo de Plasticidade Epitelial e Metástase do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INBIC), Angélica Figueroa á que a delegada territorial agradeceu o seu traballo.

Aneiros puxo en valor a actividade que está a desenvolver a xunta local da AECC nesta nova etapa da que “hoxe esta exposición é un exemplo máis” e destacou as cifras de supervivencia da enfermidade situadas actualmente no 55-60 %. “Datos como estes xustifican seguir traballando e investindo recursos en investigación”, remarcou Aneiros que tamén avogou pola necesidade de reter o talento investigador na loita contra esta enfermidade “do presente e do futuro”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2023