Turismo de Galicia licita por algo máis de medio millón o proxecto de rehabilitación do Cárcere Vello de Tui

O proxecto permitirá transformar o edificio nun centro de recepción de peregrinos así como un Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui

A iniciativa está financiada cos fondos europeos Next Generation no marco dos proxectos de rehabilitación de 12 BICs que está a executar a Xunta por importe de 22,7M€
 

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2023

Turismo de Galicia ven de licitar o proxecto de rehabilitación do edificio do Cárcere Vello de Tui para destinalo a Centro de Recepción e Atención de Peregrinos e Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui, no marco do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea por importe de algo máis de 550.000 euros.

A obra proposta pretende a realización da rehabilitación da edificación da cárcere Vella de Tui de tal xeito que se recupere a súa orixinalidade con eliminación de subestruturas alleas a mesma, así como actuacións sobre a cuberta de tella e estrutura portante orixinal, recuperando espazos diáfanos e acondicionando os exteriores para da servizo o usuario e exposicións que se poidan albergar.

A execución destes traballos permitirá recuperar o acceso principal do edificio así que recuperar o imaxe orixinal dos patios e escaleiras exteriores. Do mesmo xeito, no interior eliminaranse todas as estruturas non orixinais para recuperar a monumentalidade do edificio orixinal e se mellorarán as condicións acústicas e térmicas do espazo, para garantir a súa usabilidade.

O proxecto, para o que se establecen dúas anualidades, inclúe tamén reforzo de estrutura de cuberta e illamento pertinente contra o lume así como outras actuacións de protección e seguridade para os usuarios do futuro centro.

Este proxecto enmárcase nos 12 BICS de titularidade pública galegos dentro do Plan Xacobeo Next Generation polo cal se levan a cabo proxectos de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico galego e que  ten como obxecto a posta en valor de bens de interese cultural no Camiño de Santiago.

Plan Xacobeo Next Generation

No marco desta plan nacional, que conta cun investimento de  39,2M€, destínanse 22,7M€ á rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural (BIC) nos que se está a traballar co obxectivo de rehabilitar e poñer en valor o patrimonio galego vinculado coa Ruta Xacobea.

Data de actualización: 23/09/2023