A Xunta participa na entrega de trofeos do Mundial J80 de Baiona
2023-09-23
/documents/35297/43402/IMG_5438.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Baiona, 23 de setembro de 2023 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participaron hoxe na entrega de premios do Mundial J80 2023 de Baiona que mañá remata. Máis de 400 deportistas, 80 veleiros de 43 países se deron cita ao longo desta semana poñendo as Rías Baixas no centro do turismo náutico un espectáculo deportivo que, ao mesmo tempo, se traduce nun importante impacto económico e de promoción turística do territorio fóra da tempada alta, promocionando así a navegación durante todo o ano grazas ás características das rías galegas e a ás instalacións náuticas de excelencia coas que conta Galicia.
Data de actualización: 23/09/2023