Xosé Merelles destaca o impacto positivo dos festivais en Galicia na presentación da 2ª edición do OUR Fest 2023

A xornada musical volve contar co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Estrella Galicia

As entradas do concerto, que terá lugar o vindeiro 21 de outubro en Expourense, xa están á venda cun prezo de 30€+ gastos.

Ourense, 22 de setembro de 2023

Expourense acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do OUR FEST, que este ano reedita a súa cita musical cun cartel de luxo con destacadas bandas internacionais e nacionais. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, estivo acompañado no acto por Marta Novoa, Vicepresidenta Deputación de Ourense; Noa Rouco, concelleira responsable de Artes e Festexos; Jorge R. Mantiñán e David Jiménez-Zumalacárregui, director e director artístico, respectivamente do festival, que conta co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Estrella Galicia.

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a relevancia de seguir apostando polo turismo de festivais que tan bos resultados está dando en Galicia, situando o noso territorio como referente deste tipo de eventos culturais.

 

O OUR Fest regresará así o vindeiro 21 de outubro encabezado pola banda londinense, que está a conquistar escenarios internacionais co seu enérxico post-punk, e as mellores sesións de Cheries Djs e Clangor Dj, xunto con recoñecidas bandas e artistas como Suede, Baxter Dury; Kula Shaker, ou os nacionais Grande Amore, ou Melenas. As entradas para o evento, que se celebrará en Expourense, xa están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 30€ + gastos de xestión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2023