Ana Ortiz destaca o apoio da Xunta a Down Vigo para fomentar a aprendizaxe e a inclusión sociolaboral a través dos centros sociocomunitarios

A delegada territorial de Xunta en Vigo visitou este venres o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que mozos e mozas realizan prácticas grazas ao proxecto financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude

Vigo, 22 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, vistiou este venres o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que catro mozos e mozas da Asociación Down Vigo realizan prácticas remuneradas no marco do proxecto Aprendizaxe e Inclusión Sociolaboral que financia a Consellería de Política Social e Xuventude.    

A representante autonómica destacou o apoio da Xunta para fomentar a promoción da vida autónoma das persoas con discapacidade e a súa integración no mundo laboral. “É prioritario ofrecer a igualdade de oportunidades e o Goberno galego sempre vai a colaborar na busca de programas de educación e inclusión”, sinalou. 

Grazas a este proxecto dous mozas e dous mozos de Down Vigo realizan prácticas en catro centro sociocomuniarios da cidade: Rivera Atienza, Bouzas, Coia e Calvario. Durante á visita, Ana Ortiz estivo acompañada pola directora do centro, Begoña Amigo, polo director de Down Vigo, Roberto Campo, e polos preparadores laborales, Miguel Estévez e David Esperón. 

“Down Vigo ten demostrado ser un cooperador fundamental do Goberno galego na procura dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria, e neste sentido quero agradecer a súa implicación e traballo para seguir facendo da nosa Comunidade un lugar mellor para vivir”, destacou. 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2023