Un simulacro de incendio obrigou a evacuar esta mañá o edificio administrativo da Xunta

Lugo, 22 de setembro de 2023

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Delegación Territorial da Xunta en Lugo organizou un simulacro de incendio que obrigou a desaloxar o Edificio Administrativo a media mañá de hoxe, e no que colaboraron distintos servizos de emerxencia, como os bombeiros, a Policía Autonómica, a Nacional, a Local ou Protección Civil.

A alarma saltou na Sala Muralla, ubicada no primeiro andar, por un suposto curtocircuíto. Os membros do equipo de evacuación dirixiron aos usuarios cara ás saídas de emerxencia que hai en distintas zonas de cada planta. O simulacro desenvolveuse sen incidencias; ao remate, celebrouse unha xuntanza no salón de actos cos membros dos grupos de acción do centro para valorar o funcionamento das medidas de prevención, á que tamén asistiu o delegado territorial, Javier Arias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2023