A Xunta salienta a colaboración entre empresas, administración e asociacións no impulso ao consumo responsable

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia; o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos; e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participaron esta tarde na gala de entrega dos premios Benfeito.

No acto puxeron en valor esta iniciativa organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UGCAL) para premiar a calidade dos produtos e servizos que as empresas galegas poñen no mercado. Tamén se destacou o papel que xoga a colaboración entre empresas, administracións e asociacións de consumidores e usuarios na promoción do consumo responsable e na defensa dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/09/2023