O presidente da Xunta reuniuse con Nicolas Schmit en Santiago de Compostela

Rueda recibe ao comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais para analizar os avances e retos de Galicia nestas materias

Santiago de Compostela,  21 de setembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co comisario de Emprego e Dereitos Sociais da Unión Europea, Nicolas Schmit, na que analizaron os avances e retos de Galicia en materia de emprego e política social e avaliaron os desafíos que debe afrontar Europa neste eidos para os vindeiros anos.

No encontro, no que tamén participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o mandatario autonómico salientou o compromiso da Xunta en mellorar a inserción laboral da poboación, especialmente dos colectivos máis vulnerables, así como de promover o emprendemento na comunidade.

Ademais, no eido social, Rueda destacou o Plan de Atención ás Persoas sen Fogar que a Xunta puxo en marcha no 2019 ou as diferentes medidas implantadas nos últimos anos para previr trastornos de saúde mental e mellorar a calidade asistencial dos pacientes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/09/2023