O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese con membros da Asociación para a Prevención do Envellecemento da provincia de Ourense (APEO)

Ourense, 21 de setembro de 2023 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá co tesoureiro e secretario da Asociación para a Prevención do Envellecemento da provincia de Ourense (APEO), José Losada e Elías Domínguez respectivamente.

Ámbolos dous informaron ao delegado territorial dos obxectivos desta asociación como é o de promover a mellora da saúde, a calidade de vida e os seus diferentes ámbitos, potenciando a vitalidade e o atraso do envellecemento.

Pola súa banda, Gabriel Alén amosou a disposición do Goberno galego a colaborar con este tipo de iniciativas encamiñadas ao benestar da cidadanía, en concreto, o colectivo das nosas persoas maiores.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/09/2023