Diego Calvo asiste ao evento Hall of Fame previo á celebración da Gran final das series mundiais de Triatlón de Pontevedra

Pontevedra, 20 de setembro de 2023


O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe no Liceo Casino de Pontevedra á cea Hall of Fame previa á Gran Final das Series Mundiais de Triatlón 2023 que a cidade pontevedresa acolle ata o domingo.

No evento de hoxe participaron figuras internacionais deste deporte que xa non compiten como o galego Iván Raña xunto con outros nomes como Jude Jamjoom, Kiriyo Suzuki, Siri Lindley ou Loreen Barnett. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023