Román Rodríguez destaca a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña como centro de referencia nacional e de prestixio internacional

A Coruña, 20 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de conmemoración do 50º aniversario da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, da que salientou que nas últimas cinco décadas “se ten consolidado como un centro de referencia nacional para a formación dos futuros arquitectos”. “O seu impulso da man da Fundación Pedro Barrié de la Maza supuxo un auténtico fito hai cinco décadas e hoxe sitúase como unha institución de prestixio internacional e de recoñecida influencia pública”, incidiu.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o papel do centro como “pulo decisivo para a comprensión e a investigación da arquitectura e a transferencia dese coñecemento ás necesidades sociais” e puxo en valor fitos como a creación do primeiro grao interuniversitario en Paisaxe, “que permitiu ofrecer unha formación integral e multidisciplinar nunha profesión que entón non estaba regulada en España, pese á súa gran demanda”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023