A Xunta adxudica a redacción do proxecto para mellorar a eficiencia enerxética da estación de autobuses de Carballo

O contrato, que suporá un investimento de 18.000 euros, conta cun prazo de 3 meses para a redacción do proxecto

O obxectivo é definir a nivel técnico as medidas que se deben implantar nesta terminal para acadar un menor consumo enerxético

Esta intervención súmase ás actuacións de mantemento que a Xunta vén realizando na estación de Carballo, de humanización dos accesos e de reparación da cuberta

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023 A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto para mellorar a eficiencia enerxética da estación de autobuses de Carballo.

O contrato, que suporá un investimento autonómico de 18.000 euros, conta cun prazo de 3 meses para a redacción do proxecto.

O obxectivo é definir a nivel técnico as medidas a implantar nesta terminal para acadar un menor consumo enerxético.

A Xunta veu realizando actuacións de conservación e mantemento nesta estación, executando en 2022 as obras de humanización do acceso á terminal, creando un espazo de uso público máis aberto á vila, aos veciños e aos usuarios.

O Goberno galego acometera tamén en 2016 obras de reparación da cuberta e da estrutura metálica das dársenas.

A nova actuación é susceptible de financiamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027.

Data de actualización: 20/09/2023