A Xunta pon en valor os estudos preliminares para establecer un programa de avaliación da raza autóctona Porco Celta nunha xornada divulgativa
Estes traballos enmárcanse nunha acción de cooperación entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Asoporcel e o Centro Tecnolóxico da Carne
Sucedéronse diferentes faladoiros sobre esta temática, tratando cuestións sobre os aspectos xerais e morfolóxicos do Porco Celta, introducindo aos asistentes á mellora xenética do animal, expoñendo os principais resultados fenotípicos
Estes traballos de investigación enmárcanse na acción de cooperación Estudos preliminares para o establecemento dun programade avaliación da raza porcina Porco Celta, que se desenvolven dende xullo de 2021 resultado dunha colaboración entre a Axencia, a Asociación de Criadores de Porco Celta e o Centro Tecnolóxico da Carne. O obxectivo principal desta colaboración é a realización de estudos preliminares que deriven no deseño dun procedemento de avaliación xenética desta raza. O proxecto conta cun orzamento de algo máis de 123.000 euros.
Ao longo da mañá, sucedéronse diferentes faladoiros sobre esta temática, tratando cuestións sobre os aspectos xerais e morfolóxicos do Porco Celta, introducindo aos asistentes á mellora xenética do animal, expoñendo os principais resultados fenotípicos. O evento finalizou cunha mesa redonda na que se debateron temáticas arredor deste eido.
Cabe sinalar que os datos compartidos nesta xornada son froito dunha fonda revisión bibliográfica, o establecemento dunha metodoloxía -que contou coa colaboración de gandarías de Porco Celta- enquisas e o deseño dun plan estratéxico. Este plan pretende favorecer o crecemento das explotacións existentes e a incorporación de novas ás distintas fases da cadea produtiva, co obxectivo final de conservar a raza e abastecer a demanda de produto comercial.