A Delegación territorial de Lugo acolle a presentación das festas de Paradai, que contan co apoio da Xunta

Lugo, 20 de setembro de 2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o presidente da asociación Barrio de Paradai, Christian Fernández Díaz, presentaron hoxe na Delegación Territorial o programa das festas do barrio, que se desenvolverán desde mañá e ata o próximo domingo e contan co apoio da Xunta de Galicia.

Javier Arias será o encargado de pronunciar o pregón que dará a saída a catro días de actividades e verbenas, nas que actuarán o Grupo Beatriz, o Combo Dominicano, Pili Pampín, os DJ Marcos Magán e Casanova, o dúo Eclipse e o grupo Punto Clave. Os detalles do programa poden consultarse nas redes sociais da asociación.

Arias destacou a importancia destas festas, que axudan a facer cidade, e animou aos lucenses a participar nas actividades previstas. O delegado territorial tamén lembrou que a Xunta leva colaborado no que vai de ano con máis dunha vintena de festas de barrios e parroquias do rural de Lugo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023