A Xunta achega case 100.000 euros a 7 restaurantes e aloxamentos da comarca da Coruña para mellorar as súas instalacións

O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos e restaurantes poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes

Oza Cesuras (A Coruña), 20 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, visitou hoxe a Rectoral de Cines, un dos establecementos beneficiados pola orde de axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a aloxamentos e restaurantes para mellorar as súas instalacións. O representante do Goberno autonómico informou que a Xunta concedeu axudas que suman máis de 92.000 euros a 7 establecementos de aloxamento e restauración da comarca, que mobilizaron máis de 208.000 euros, para mellorar as súas instalacións.

Durante a visita, o representante autonómico destacou que “estamos ante un bo exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestruturas dun sextor estratéxico como é o turismo nesta área”.

 

En total, as subvencións chegan a 7 restaurantes e aloxamentos situados nos concellos da Coruña (2), Culleredo (3), Arteixo (1), Oza-Cesuras (1), Oleiros (1) e Vilarmaior (1).

 

O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade. As achegas cobren tanto obras de acondicionamento como a adquisición de equipamento ou mobiliario.

A Axencia de Turismo de Galicia contou para esta orde cun total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamentos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.

 

Trenor  puxo en valor o presente e o potencial do sector turístico en Galicia, que neste 2023 xa está superando as cifras de peregrinos, viaxeiros e de ocupación hoteleira rexistradas a estas alturas do ano pasado. Neste censo, apuntou que estes apoios aos aloxamentos e restaurantes son unha medida máis da Xunta para potenciar un sector estratéxico para Galicia.

O delegado da Xunta lembrou que o Executivo autonómico aposta por un turismo responsable, sustentable e adaptado á vida diaria dos galegos. O modelo turístico de Galicia coincide coa que demandan os novos viaxeiros, como o demostran os datos xa que  Galicia rexistrou no que vai de ano unha nova marca con 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites rexistradas, o que supón un 8 % más que no 2022, que foi un excelente Ano Xacobeo, así como 310.000 compostelas entregadas

 

Trenor salientou que estes datos confirman que “Galicia non é unha moda pasaxeira”, senón un dos destinos “máis puxantes de España de forma sostible”

Segundo explicou Trenor, as cifras invitan a ser optimistas e a poder afirmar que Galicia está selando “un novo ano histórico” para o turismo.

 

 
 
ALOXAMENTOS
 
NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
GASTO SUBVENCIONABLE
 AXUDA
LA RECTORAL DE CINES
OZA-CESURAS
TURISMO RURAL GRUPA CASA RECTORAL

INSTALACIÓN DE PÉRGOLA EN CENADOR PRINCIPAL Y MEJORA AJARDINAMIENTO QUE RODEA LA INSTALACIÓN

26.632,00 €
13.316,00 €
 CRUNIA
CULLEREDO
HOTEL 4 ESTRELLAS

RENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN INSTALACIONES, MEJORAS ENERGÉTICAS Y ADQUISICIÓN

63.844,66 €
31.922,33 €
PAZO DO RÍO
OLEIROS
HOTEL MONUMENTO 3 ESTRELAS

IMPLEMENTACIÓN DE CHANNEL MANAGER E IMPLEMENTACIÓN DE SISTEMA DE XESTIÓN DIXITALIZADA DE DOCUMENTOS

2.498,16 €
1.249,08 €
ALVARELLA
VILARMAIOR
ALBERGUE TURÍSTICO 1ª CATEGORIA
MELLORA NAS INFRAESTRUCTURAS
2.646,00 €
1.058,40 €
HOTEL EUROPA
ARTEIXO
HOTEL 2 ESTRELAS
CARTELERÍA DIXITAL
14.280,00 €
5.712,00 €
5
     
109.900,82 €
53.257,81 €

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023