Rivo dá a benvida a Mercedes Casanova como presidenta de Cruz Vermella en Galicia

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, recibiu hoxe e ofreceu man tendida á nova presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Mercedes Casanova, no marco da rolda de contactos institucionais que esta última está a realizar desde o pasado mes de xuño no que se puxo ao fronte desta organización a nivel autonómico.

O encontro permitiu que Xunta e Cruz Vermella actualizasen a colaboración que manteñen constante desde o ano 2009, no apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero e en situación de especial vulnerabilidade, así como no eido do impulso á inserción laboral de persoas con discapacidade e a formación de persoas en desemprego. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023