Javier Arias participa na apertura da oficina Acelera peme e destaca a importancia de facer chegar a información ás empresas interesadas

Lugo, 20 de setembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na posta en marcha da oficina Acelera Peme, que xestiona a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia en Lugo para mellorar a competitividade das empresas a través da transformación dixital.

O delegado gabou a iniciativa e destacou que complementa á rede de centros de apoio e asesoramento que a Xunta implantou na provincia a través dos Polos de Emprendemento ou do programa Conecta Lugo -este último en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo-. 

Neste senso, lembrou que achegar información “concreta e axustada a cada caso”, e ofrecer o “acompañamento axeitado”, incrementa a eficiencia dos recursos públicos dispoñibles. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023