A Xunta destaca o traballo das entidades sociais no coidado das persoas maiores

Viveiro (Lugo), 19 de setembro de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia Betania, en Viveiro, onde destacou o traballo das entidades sociais no coidado das persoas maiores.

 

Este centro é xestionado pola Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados e ofrece desde hai máis de vinte anos, atención e coidado a un cento de persoas maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2023