A Xunta reúnese coa Asociación Galega de Familias Numerosas para coñecer as súas necesidades

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, reuniuse esta mañá coa directiva da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para coñecer as necesidades das 27.000 familias numerosas que hai en Galicia.

Jacobo Rey lembrou que o Goberno galego segue a apoiar a estas familias tanto a través de beneficios fiscais e axudas económicas, como tamén aliviando a carga burocrática á que se enfrontan para solicitar o título de familia numerosas. Recentemente, a Xunta ampliou a vixencia deste título ata que o fillo maior cumpre os 26 anos de idade, evitando as renovacións anuais que tiñan que realizar as familias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2023