A Xunta recibe á entidade ‘Hogar sí’ para coñecer os seus programas de apoio ás persoas que peor o están a pasar

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, recibiu esta mañá á entidade Hogar Sí para coñecer os seus proxectos destinados a proporcionar unha vivenda as persoas que peor o están a pasar. En concreto, os representantes da entidade déronlle a coñecer o programa Vivendas para a recuperación da saúde.

 

O director xeral lembrou o compromiso da Xunta de Galicia coas persoas que peor o están a pasar, promovendo a súa vida autónoma e a busca de vivenda e emprego. Neste sentido, trasladoulle as liñas de colaboración que o Goberno galego ten en marcha para apoiar ao tecido social na posta en marcha programas e iniciativas destinadas a este mesmo obxectivo.

 
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2023