A Xunta inaugura o curso no centro ocupacional “Hogar San Rafael” de Vigo

Vigo, 19 de setembro de 2023 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe no inicio do curso no centro ocupacional Hogar San Rafael, en Vigo. Durante o encontro, lembrou que o Goberno galego acompaña ás persoas con discapacidade desde a infancia e ata a vida adulta para ofrecerlle as ferramentas que necesitan en cada momento.

A directora xeral mantivo unha reunión previa coa directiva da entidade e, posteriormente, visitou as súas aulas e os módulos residenciais para aqueles usuarios que precisan de máis apoio. A Xunta financia preto de 200 prazas nos centros desta entidade viguesa, para o que destina preto de 2 millóns de euros cada ano. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2023