A Xunta avalía con El Corte Inglés futuras iniciativas que visibilicen a calidade dos produtos galegos

A Coruña, 18 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa dirección rexional de El Corte Inglés para avaliar posibles iniciativas de colaboración público-privada que se poderían poñer en marcha proximamente para visibilizar a calidade dos produtos galegos.

No encontro abordouse o contexto actual e a situación do grupo, que acadou cifras positivas no último exercicio pechado. Por iso, a conselleira trasladou a importancia de que se siga mantendo tanto a actividade como o emprego en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2023