A Xunta inicia novas obras para completar a cuneta de seguridade na estrada AC-190 nos Regos, en Oleiros

O obxectivo desta intervención, cun orzamento de máis de 44.000 euros, é transformar en cuneta de seguridade unha cuneta profunda nas marxes desta vía autonómica

A actuación súmase á acometida en 2021 pola Xunta nesta mesma estrada, entre os puntos quilométricos 1+390 e 1+770, á que se destinou máis de 48.000 euros

Con estas dúas intervencións, que suman preto de 100.000 euros, elimínanse as cunetas profundas na maior parte do tramo, reforzando a seguridade viaria
 

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023 A Xunta inicia novas obras para ampliar a cuneta de seguridade na estrada AC-190 nos Regos, no concello de Oleiros.

O obxectivo desta intervención, cun investimento de máis de 44.000 euros, é transformar en cuneta de seguridade unha cuneta profunda nas marxes desta vía autonómica, ao longo de 430 metros.

Esta actuación súmase á xa acometida en 2021 pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nesta mesma estrada, entre os puntos quilométricos 1+390 e 1+770, á que se destinou un investimento de máis de 48.000 euros.

Con estas dúas actuacións, que suman un investimento de preto de 100.000 euros, elimínanse as cunetas profundas na maior parte do tramo, especialmente naqueles puntos que presentaban máis riscos.

Estas intervencións permitirán mellorar a seguridade viaria e evitar perdas de material nas cunetas polo discorrer da auga.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2023