A Xunta aposta pola colaboración institucional de cara a fortalecer as relacións empresariais entre Galicia e Cuba
2023-09-18
/documents/35297/43402/20230918IgapeCuba.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023
A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro coa Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Ingrid Izquierdo, no que se puxo de manifesto a necesidade de seguir apostando pola colaboración institucional para fortalecer as relacións empresariais entre Galicia e Cuba.
A reunión tamén serviu para dar a coñecer a celebración dunha nova edición da Feira Internacional da Habana, o próximo mes de novembro, co obxectivo de recabar o posible interese de empresas galegas en asistir á mesma e que estas, á súa vez, poidan intensificar a súa presenza comercial na illa.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 18/09/2023