Miranda destaca en Vitoria a importancia dos galegos do exterior que son capaces de asumir a identidade do seu lugar de residencia sen deixar de transmitir o amor por Galicia a cada nova xeración

Vitoria (Áraba), 16 de setembro de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos en homenaxe á emigración organizados en Vitoria polo Centro Galego de Álava, destacando a labor que os centros galegos del mundo realizan en pro do mantemento da cultura galega, e en especial, o que están a realizar dende a entidade vitoriana, potenciando a lingua, a música e os bailes tradicionais entre as novas xeracións. Destacou a importancia dos galegos do exterior que son capaces de asumir a identidade do seu lugar de residencia sen deixar de transmitir o amor por Galicia a cada nova xeración. 

No acto, ao que asistiron numerosos veciños e socios da entidade galega, púidose ver a proxección de un documental con testemuñas dos galegos residentes en Gasteiz; o espectáculo de danza e música “Miña Nai” e producido por diferentes grupos que conta a historia da emigración galega ao País Vasco, e o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. 

Data de actualización: 17/09/2023