Román Rodríguez súmase ao público do festival WOS como cita de referencia da música experimental e de vangarda

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe en Santiago de Compostela distintos espazos nos que se está a desenvolver durante toda a fin de semana o WOS Festival x Son Estrella Galicia, un dos eventos máis recoñecidos a nivel internacional na difusión da música de vangarda e da cultura experimental. Promovido pola produtora galega Work On Sunday, conta co apoio da Xunta para a súa celebración.

O representante autonómico, acompañado polo director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, foi recibido na sede organizativa do festival por Iván Arias, director do WOS. Despois de ter ofrecido durante catro días unha trintena de citas coa arte sonora máis contemporánea, o encontro pecharase mañá domingo cun concerto a cargo da percusionista xaponesa Midori Takada, referente da música ambiental en todo o mundo. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/09/2023