A directora xeral de Xuventude asiste ao XIX Encontro de Voluntariado, Persoas xordocegas e Persoas xordas en risco de exclusión

Os participantes nestas xornadas organizadas por FAXPG desfrutan de actividades náuticas e de equitación adaptadas grazas ao acompañamento de voluntarios

Allariz (Ourense), 16 de setembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no XIX Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas Xordas en risco de exclusión que se celebra este fin de semana na vila ourensá.

Durante estas xornadas, organizadas pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), unha trintena de persoas con este tipo de discapacidades desfrutan de actividades acuáticas ou de equitación grazas ao acompañamento de voluntarios.

Data de actualización: 16/09/2023