A conselleira de Política Social e Xuventude asistiu hoxe á cerimonia conmemorativa, que tivo lugar no Auditorio de Galicia

Fabiola García reafirma o compromiso da Xunta coas persoas con alzhéimer e as súas familias na gala do 25 aniversario de Fagal

Destaca que Galicia segue a ser a única comunidade autónoma cunha rede de centros públicos especializados na atención a persoas con esta doenza

Tamén subliñou que o novo concerto social de alzhéimer supuxo un incremento do 20% da achega da Xunta ás entidades
 

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, puxo hoxe en valor o papel que desenvolven os familiares, os coidadores e as entidades na loita contra as doenzas neurodexenerativas. Fíxoo na gala conmemorativa do 25 aniversario da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), que se celebrou no Auditorio de Galicia.

Fabiola García trasladou os parabéns da Xunta a Fagal por este cuarto de século dando visibilidade e concienciando sobre as enfermidades neurodexerativas, tecendo unha gran rede de apoio e mellorando a calidade de vida das persoas que as sofren. Así mesmo, defendeu a colaboración entre a Xunta e as entidades sociais para avanzar na detección temperá, prevención e nos coidados.

A conselleira destacou que Galicia segue a ser a única comunidade autónoma cunha rede de centros públicos especializados na atención ao alzhéimer e que nos últimos anos duplicáronse o número de prazas públicas destinadas a estas persoas, pasando das 230 que existían no ano 2009 ás máis de 520 actuais.

Tamén subliñou que este mesmo ano aprobouse o concerto social de alzhéimer, co que se garante a estabilidade na prestación dos servizos públicos de atención diúrna e que supuxo un incremento do 20% da achega da Xunta ás entidades.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/09/2023