A Xunta promociona o turismo náutico en dúas feiras internacionais no Reino Unido e Francia

Galicia estará presente ata finais de mes nos dous principais eventos vencellados co turismo náutico internacional
 

Ven de pechar a súa participación na ITB de China, que se recupera con carácter presencial por vez primeira desde a pandemia
 

Santiago, 15 de setembro de 2023 O turismo náutico é o gran protagonista da promoción que a Xunta de Galicia foi do destino Galicia fóra das nosas fronteiras ata finais deste mes en que terá participado nun total de tres feiras profesionais de carácter internacional dando a coñecer as potencialidades da costa galega para acoller actividades e prácticas deportivas vencelladas ao mar.  

Así, desde hoxe e ata o vindeiro 24 de setembro é o quenda da Shouthampton Boat Show, considerada unha das feiras náuticas con maior impacto internacional e a máis antiga de Reino Unido. De feito este ano chega a súa 54ª edición co obxectivo de volver a ser visitada por máis de 100.000 persoas. Turismo e Portos de Galicia estarán presentes durante estes días e por sexto ano consecutivo cun stand propio no que se destaca os recursos turísticos náuticos e mariños e a oferta complementaria coa que conta o noso destino.  

Despois do Hiswa te Water, celebrado na comezos de mes nos Países Baixos, e o Shouthampton Boat, a presenza internacional galega en feiras náuticas rematará coa participación na 41ª edición da Grand Pavois, o salón náutico máis relevante de Europa que se celebra en La Rochelle (Francia) e que conta coa presenza de máis de 800 marcas e 30 países. Para este evento Turismo e Portos de Galicia disporá dun espazo no stand de Turespaña para dar a coñecer información sobre as instalacións náutico-deportivas, servizos, produtos e recursos do turismo náutico galego, así como o Camiño de Santiago.  

ITB China

Estas feiras náuticas sucédense xusto despois de pechar a participación de Galicia na ITB China, dedicada exclusivamente a encontros entre profesionais do sector turístico e no que se deron cita máis de 850 compradores chineses que mantiveron encontros de traballo con profesionais galegos.  

A través da participación nestas feiras turísticas, o Goberno galego está a achegar información sobre os recursos e produtos turísticos cos que conta Galicia, con especial mencións aos produtos e ao turismo náutico.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2023