A Xunta analiza coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca as necesidades e as demandas das súas socias

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2023 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reuniuse esta semana coas representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), coas que abordou a importancia de apostar polo asociacionismo para poñer en valor a aportación feminina ao sector pesqueiro e ás actividades vencelladas tanto en Galicia como en España. O titular de Mar escoitou as inquedanzas, preocupacións e demandas das traballadoras do mar galegas e apostou por sumar esforzos e avanzar en posibles solucións. 

O conselleiro manifestoulles ás responsables de Anmupesca o seu convencemento de que o complexo mar-industria galego non se entendería sen as achegas realizadas polas mulleres e apostou por continuar a mellorar a súa presenza e representatividade en todos os ámbitos do sector. Esta xuntanza enmárcanse na rolda de contactos que mantén de xeito periódico a Consellería do Mar coas distintas asociacións do sector para coñecer a súa situación e avanzar en propostas adaptadas ás necesidades de cada colectivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2023