A delegada territorial da Xunta en Ferrol mantén un encontro de traballo co alcalde de Cerdido

Ferrol, 15 de setembro de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Cerdido, Alberto Rey, no marco da rolda de contactos que vén mantendo cos rexidores da área.

Durante a reunión, ambos responsables analizaron as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica como aspectos vinculados ás infraestruturas viarias ou en materia de montes. Tamén abordaron temas prioritarios para o municipio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2023