A Xunta destaca o impulso á desestacionalización do turismo e á promoción internacional que supón o Mundial J80 en Baiona

Desde este domingo e ata o sábado 23 de setembro se disputará en augas das Rías Baixas esta cita mundialista que chega por vez primeira a Galicia

O director de Turismo de Galicia destacou o impacto internacional que supón para Galicia apoiar estes eventos.
 

Baiona, 15 de setembro de 202

3 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entre outras autoridades, na presentación que tivo lugar esta mañá do Mundial de J80 que a partir do próximo domingo celébrase Baiona baixo a organización do Monte Real Club de Iates.

Trátase da primeira ocasión en que esta cita mundialista chega a Galicia que se converte así en sede dun evento náutico de primeiro nivel e un dos máis importantes do calendario regateiro español. “Que Galicia acolla este tipo de eventos deportivos do máis alto nivel nos permite non só seguir situando a Galicia como destino ideal para acoller estas competicións deportivas se non que, ademais, contribúe a desestacionalizar e internacionalizar máis o noso destino”, destacou o director de Turismo de Galicia, “un obxectivo no que se están marcando excelentes resultados, tal e como o pon de manifesto ter acadado 2 millóns de noites por vez primeira nos primeiros 7 meses do ano”.

80 veleros e preto de 400 deportistas

Un total de 400 deportistas aos que acompañan técnicos, adestradores, equipo deportivo e familiares, farán que preto dun milleiro de persoas se dean cita no Val Miñor durante toda unha semana, desde este domingo, 17 de setembro, ata o sábado 23 de setembro.

Os 80 veleiros que chegarán a Baiona de 43 países dos 5 continentes farán posible un espectáculo deportivo que, ao mesmo tempo, suporá un importante impacto económico e de promoción turística do territorio fóra da tempada alta, promocionando así a navegación durante todo o ano grazas ás características das súas rías e a ás instalacións náuticas de excelencia coas que conta Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2023