A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública froito da rehabilitación dun inmoble no barrio dos Muíños, en Mondoñedo

Mondoñedo (Lugo), 15 de setembro de 2023

A Xunta de Galicia entregou hoxe as chaves dunha vivenda de promoción pública no barrio dos Muíños, en Mondoñedo. Trátase dun inmoble rehabilitado que se ocupará por primeira vez despois de adxudicalo en réxime de alugamento.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou no acto no que se formalizou a entrega das chaves deste espazo residencial, que conta con tres dormitorios e ten unha superficie de 118 metros cadrados. Lembrou que as persoas interesadas en optar a algunha destas promocións poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, accesible tanto a través da sede electrónica como nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2023