A Xunta apoia a formación de persoas desempregadas do rural para acceder a empregos “verdes”

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora coa Fundación Santa María la Real na celebración do obradoiro Impulsa Emprego Verde, que mantén o seu prazo de inscrición aberto ata o próximo 2 de novembro

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2023

O prazo de inscrición no programa formativo Impulsa Emprego Verde, destinado a mellorar a cualificación de persoas desempregadas galegas -principalmente residentes en núcleos rurais- para que accedan a oportunidades laborais no eido da economía sustentable, permanecerá aberto ata o próximo 2 de novembro.

A actividade de formación en liña e dunha duración de 32 horas está promovida pola Fundación Santa María la Real e apoiada pola Xunta de Galicia. Promove obradoiros e itinerarios personalizados para que os beneficiarios adquiran habilidades de cara a ocupar novos postos de traballo vencellados coa economía verde. Bríndaselles, así, formación en liña e gratuíta a través de sesións grupais, asesoría individual e webinarios profesionais.

Poden participar nesta iniciativa persoas en desemprego de 18 a 65 anos que residan, principalmente, en zonas rurais. Galicia foi unha das tres comunidades escollidas este ano para celebrar esta actividade.

Impulsa Emprego Verde identifica as necesidades formativas relacionadas co emprego verde para mellorar a procura de emprego en sectores con maior proxección profesional.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa en liña e gratuíta teñen de prazo ata o 2 de novembro para realizar a súa inscrición a través dunformulario en liña.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/09/2023