A delegada da Xunta pide ao concello de Soutomaior a cesión da parcela para construír o novo centro de saúde

Ana Ortiz mantivo este martes unha xuntanza co alcalde de Soutomaior dentro da rolda de reunións con todos os rexedores da área territorial

Soutomaior (Pontevedra), 14 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, reclamou este martes ao Concello de Soutomaior que desbloquee a cesión da parcela para construír o novo Centro de Saúde. Así o fixo durante a xuntanza que mantivo hoxe co alcalde, Manuel Lorenzo, no marco da rolda de contactos que a representante autonómica leva a cabo con todos os rexedores da área territorial. 

Xunta e Concello xa firmaron o pasado mes de outubro de 2022 o convenio de colaboración que regulará a construción dun novo centro de saúde que triplicará a superficie do actual e o Goberno galego segue á espera do visto bó municipal para contar coa parcela. A nova infraestrutura será un inmoble moderno, fronte as instalacións de máis de 31 anos que se están utilizando neste momento; e que a superficie do futuro centro – un total de 1.500m2-, supón triplicar a superficie do actual en Arcade – que ascende a 480 m2-.

Ana Ortiz xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño, Nigrán, Vigo e Redondela despois de dirixirse por carta a todos os alcaldes da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023