A Xunta pon en valor a colaboración co exército na loita contra os lumes

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu esta mañá a visita do Xeneral Xefe de la BRI “Galicia” VII e Comandante da Operación Centinela Gallego, Alfonso Pardo de Santayana, e do Comandante Álvaro Palacios, no Centro de Coordinación Central de Defensa Contra os Incendios Forestais. Alí o director xeral puxo de relevo a colaboración que leva a cabo a Xunta co Exército na loita contra os lumes.

Na visita, Manuel Rodríguez, guiounos polas instalacións do centro, un dos tres niveis nos que se estrutura a loita contra os incendios en Galicia, xunto co Centro de Coordinación Provincial e os Centros de Coordinación de Distrito. Pardo de Santayana e Palacios forman parte da Operación Centinela Gallego, un convenio entre o Goberno Galego e o Ministerio de Defensa, no que 30 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil se despregan nos montes galegos, co obxectivo de que a presenza de medios militares contribúa a atallar lumes e actividades incendiarias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023