A Xunta resalta o papel da Feira do Moble de Galicia como escaparate de referencia do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participaron hoxe na inauguración do encontro, que se celebra na Estrada ata o domingo

A Estrada (Pontevedra), 14 de setembro de 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participaron esta mañá na inauguración da 35ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebra na Estrada ata o domingo consolidada como o escaparate de referencia do sector, tanto para o público xeral como para os profesionais deste ámbito.

Durante as catro xornadas de duración da feira o horario de visita será de 11 a 20 horas. Ademais de mobles, hai exposición e venda de de complementos, artigos de decoración e outros equipamentos para o fogar nun amplo espazo de exposición distribuído en catro pavillóns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023