A Xunta e o Concello de Ribadeo colaborarán no plan municipal de mellora das infraestruturas viarias rurais

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse en San Caetano co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega.

A xuntanza serviu para poñer en valor o plan estratéxico para a mellora das infraestruturas viarias rurais ao longo dos próximos anos no que este Concello da Mariña luguesa está traballando e no que tamén colaborará a Consellería. Tamén se avanzou na cooperación entre Xunta e Concello en materia de recuperación de elementos patrimoniais do municipio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023