Trenor destaca que 12 concellos da comarca da Coruña recibirán máis de 380.000€ para a mellora de instalacións e material deportivo

O delegado da Xunta visitou as piscinas exteriores de Carral nas que se renovará o céspede grazas a unha axuda de máis de 28.000 euros entre o 2023 e 2024, neste mesmo concello tamén está prevista a renovación do equipamento do ximnasio municipal cun apoio do goberno autonómico de case 10.000 euros

Trenor informou que perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro
 

Carral (A Coruña), 14 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o complexo deportivo de Carral no que se vai a levar a cabo a instalación de céspede artificial nas piscinas exteriores grazas a un apoio da Xunta de 28.000 euros, este concello tamén recibirá outro apoio de case 10.000 euros para a mellora do equipamento deportivo do ximnasio municipal. Trenor informou que estas axudas encádranse dentro dunha nova orde de axudas subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca da Coruña foron 12 os concellos beneficiados por algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas por un importe de máis de máis de 380.000 euros en 20 axudas.

O importe total destas axudas ascende en Galicia a preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros), dos que 3,4 millóns serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes en 2024. Do orzamento total, 5 millóns de euros van destinados á liña I -instalacións deportivas- e os restantes 800.000 euros á liña II -material deportivo-.

Trenor informou que o importe das subvencións serán o 80% do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I -instalacións- e 10.000 euros na Liña II -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria.

Perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito (todas elas na liña I de instalacións deportivas), a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro

Deste xeito, a Xunta de Galicia sacará neste 2023 tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas. Ademais desta primeira orde para concellos de 6 millóns de euros e a segunda, que terá un orzamento de 2 millóns de euros; tamén cómpre destacar a orde para as instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros.

A provincia máis beneficiada por este nova orde foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos;

AXUDAS COMARCA A CORUÑA

LIÑA I
SOLICITANTE
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
ORZAMENTO DA ACTUACIÓN
AXUDA CONCEDIDA 2023
AXUDA CONCEDIDA 2024
TOTAL AXUDA
 MESÍA

ACONDICIONAMENTO ASEOS PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

33.889,27 €
15.946,93 €
11.164,48 €
27.111,41 €
 ARANGA

REFORMA VESTIARIOS NO PAVILLÓN DEPORTIVO

38.945,04 €
18.325,98 €
12.830,05 €
31.156,03 €
 IRIXOA

PINTURA-REPARACIÓNS POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

43.197,00 €
20.326,78 €
14.230,82 €
34.557,60 €
 VILASANTAR

REPARACIÓN DE PISCINA EN VILASANTAR

46.258,26 €
21.767,29 €
15.239,32 €
37.006,61 €
 VILARMAIOR

REFORMA E ADECUACIÓN DE XIMNASIO POLIDEPORTIVO

24.624,42 €
11.587,27 €
8.112,27 €
19.699,54 €
 BERGONDO

INSTALACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL SAN CIDRE

43.407,70 €
20.425,93 €
14.300,23 €
34.726,16 €
 CARRAL

INSTALACIÓN DE UN PAVIMENTO DE CESPED ARTIFICIAL NAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS

36.002,39 €
16.941,28 €
11.860,63 €
28.801,91 €
 MIÑO
CONSTRUCCIÓN DE PUMPTRACK
99.486,19 €
29.410,00 €
20.590,00 €
50.000,00 €
 OZA-CESURAS

CUBRICIÓN PISTA DE PÁDEL EN O LOUREIRO

48.371,57 €
22.761,73 €
15.935,53 €
38.697,26 €
TOTAL A CORUÑA LIÑA I
 
414.181,84 €
177.493,19 €
124.263,33 €
301.756,52 €
LIÑA II
SOLICITANTE
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
ORZAMENTO DA ACTUACIÓN
AXUDA CONCEDIDA 2023
AXUDA CONCEDIDA 2024
TOTAL AXUDA
 MESÍA

ADQUISICIÓN DE MATERIAL E EQUIPAMENTO DEPORTIVO

5.776,82 €
2.718,34 €
1.903,12 €
4.621,46 €
 VILASANTAR

ADQUISICIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE

5.083,44 €
2.392,06 €
1.674,69 €
4.066,75 €
 IRIXOA
EQUIPAMENTO DEPORTIVO
9.990,37 €
4.701,07 €
3.291,23 €
7.992,30 €
 VILARMAIOR

ADQUISICIÓN DE BICICLETA E ESPALDEIRA

1.836,07 €
863,98 €
604,87 €
1.468,85 €
 CARRAL

MELLORA DO EQUIPAMENTO DEPORTIVO DO XIMNASIO MUNICIPAL

12.493,24 €
5.878,82 €
4.115,77 €
9.994,59 €
 ABEGONDO

COLOCACIÓN DE MARCADOR LED EN EL PABELLÓN

20.290,80 €
5.882,00 €
4.118,00 €
10.000,00 €
 BERGONDO

DÚAS CANASTRAS PREGABLES E UN TAPIZ

22.794,65 €
5.882,00 €
4.118,00 €
10.000,00 €
 MIÑO
CORTINA DIVISORIA
14.217,50 €
5.882,00 €
4.118,00 €
10.000,00 €
 OZA-CESURAS

ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO LEVANTAMENTO DE PESAS

7.845,62 €
3.691,83 €
2.584,66 €
6.276,49 €
 ARTEIXO

SUMINISTRO DE EQUIPAMENTO DEPORTIVO PARA NOVO XIMNASIO CAMPO FÚTBOL MEICENDE

18.148,79 €
5.882,00 €
4.118,00 €
10.000,00 €
 CULLEREDO

COMPRA DE BANCOS SUPLENTES PARA CAMPOS DE FÚTBOL

13.068,00 €
5.882,00 €
4.118,00 €
10.000,00 €
TOTAL A CORUÑA LIÑA II
 
131.545,30 €
49.656,10 €
34.764,34 €
84.420,44 €
TOTAL A CORUÑA
545.727,14 €
227.149,29 €
159.027,67 €
386.176,96 €

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023