A Xunta impulsa unha iniciativa da asociación Zona Náutico de Vigo para dinamizar as vendas no inicio do curso

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos que participan nesta campaña, que se celebra ata o domingo

Vigo, 13 de setembro de 2023 O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos comerciais participantes na campaña A volta ao cole, organizada pola asociación comercial Zona Náutica de Vigo co apoio da Xunta de Galicia. A iniciativa, que se celebra ata o domingo, premiará aos clientes que máis compren nos negocios asociados con 10 tarxetas regalo de 150 euros.

As asociacións de comerciantes xogan un importante papel na competitividade do sector e por iso a Xunta de Galicia vén de conceder axudas por 2,2 millóns de euros cos que se apoia o labor de 52 centros comerciais abertos e sete federacións e asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal.

Nas convocatorias que veñen de resolverse os centros comerciais abertos contan con apoios para o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial. Zona Náutico conta cunha axuda de máis de 50.000 euros.

Por outra banda, o programa destinado ás asociacións de ámbito superior ao municipal e federacións achega financiamento para campañas e eventos de promoción e dinamización comercial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/09/2023