A Xunta e os distribuidores de electrodomésticos avalían iniciativas para dinamizar o sector

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo recentemente un encontro con representantes da Asociación Nacional de Empresas de Distribución de Electrodomésticos (ADEN), entre os que se atopaba o presidente da entidade, Wilson F. Milar.

Na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, abordáronse temas de interese para o sector como o Galicia Renova Electrodomésticos, unha iniciativa á que se destinaron na última edición tres millóns de euros, axudando ás familias a adquirir electrodomésticos máis eficientes ao tempo que se dinamizan as vendas do comercio de proximidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2023