A Xunta promocionará a imaxe turística de Vigo con actividades no porto durante a histórica xornada de cruceiros

A delegada da Xunta en Vigo mantivo este martes o primeiro encontro oficial co novo presidente do Porto, Carlos Botana
 

Ana Ortiz avanzou o compromiso do Goberno galego coa promoción da cidade cunha serie de actividades no frente marítimo o próximo martes
 

Os peiraos vigueses recibirán o 19 de setembro cinco transatlánticos cun total de 15.000 persoas, entre pasaxeiros e tripulantes
 

Vigo, 12 de setembro de 2023 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, na que comprometeu a colaboración do Goberno galego na histórica xornada do vindeiro 19 de setembro na que os peiraos vigueses recibirán a cinco cruceiros con miles de turistas.

 

Segundo avanzou a representante autonómica ao máximo responsable portuario, a Xunta organizará diversas actividades en todo o frente marítimo para promocionar a imaxe turística de Vigo. Tanto Ana Ortiz como Carlos Botana acordaron colaborar nos actos que se levarán a cabo o vindeiro martes para celebrar a chegada á cidade por primeira vez no mesmo día de cinco cruceiros de pasaxe.

 

Durante a xornada do vindeiro 19 de setembro espérase a chegada de ata cinco grandes buques, que estarán atracados en pleno centro da cidade, o que facilitará a operativa de embarque e desembarque dos máis de 10.000 pasaxeiros e preto de 5.000 tripulantes que se estima cheguen a Vigo por vía marítima.

 

Así, a Xunta ofrecerá un recibimento aos turistas que cheguen a través das terminais de cruceiros: as situadas no Peirao de Transatlánticos (“Anthem of the Seas” e “Disney Dream”) e no Tinglado (“Silver Moon”, el “Scenic Eclipse” e “Ambition”). O Porto poñerá ao dispor dos cruceiristas que desembarcarán nos peiraos comerciais lanzadeiras para facilitar o seu traslado.

 

Colaboración Xunta-Porto

Durante a xuntanza entre ambos representantes, primeiro encontro oficial desde a súas respectivas tomas de posesión, tamén abordaron otras actuacións nas que Xunta e Porto xa colaboran, como é o caso da humanización da Avenida de Beiramar ou o desenvolvemento da Plisan.  

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2023